María Araújo
A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista
Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
María Araújo, a guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista