ISABEL BARRETO
Adiantada dos mares do sur
Aventureira, descubridora e adiantada da navegación española, a galega Isabel Barreto de Castro tivo unha vida fascinante e chea de aventuras pola conquista dos mares do sur á fronte dunha das expedicións marítimas españolas máis longas do século XVI. Atravesou o océano Pacífico e foi a primeira en facelo polo hemisferio sur. O seu piloto, Pedro Fernández de Quirós, acusouna de ser cruel ao mando da expedición, pero outros membros da tripulación aseguran que foi unha valorosa heroína. Aínda que de ser unha déspota, non o eran igualmente os homes en situacións similares?
podcast
ROTEIRO
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Isabel Barreto. Adiantada dos mares do sur