INMACULADA PAZ ANDRADE
Unha investigadora en loita contra os incendios
Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. Ela quería facer Medicina, pero a súa familia pensaba que esa non era carreira para unha muller. Entrou na Facultade de Ciencias por non quedar na casa e acabou introducindo a especialidade da microcalorimetría en España e converténdose na primeira muller en recibir o título de catedrática de Física na Universidade de Santiago de Compostela, entre outros moitos logros. Nun momento no que o acceso ao campo da investigación estaba reservado para os homes, esta pioneira foi quen de superar as barreiras impostas e de converterse en todo un exemplo inspirador para as novas xeracións de científicas.
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Inmaculada Paz Andrade “Unha investigadora en loita contra os incendios”
Xoves 21 de marzo ás 19 h
Edificio administrativo da Deputación de Pontevedra
Relatora: Xoana Pintos Barral