ELISA PATIÑO

ELISA PATIÑO

A muller paxaro

O 12 de outubro de 1913, na praia de Baltar, en Sanxenxo, unha moza galega logrou algo co que posiblemente moitas outras soñaran, mais que ningunha fixera: voar. Se temos en conta que o primeiro voo dos irmáns Wright tivera lugar en 1903, é dicir, só dez anos antes, a figura de Elisa Patiño emerxe coma a dunha pioneira ignorada nas crónicas da aviación española, que ben merece ocupar un lugar á beira de mulleres icónicas coma a francesa Raymonde Laroche, que en 1910 se converteu na primeira muller en conseguir a licenza de pilotaxe, ou a americana Harriet Quimby, que cruzou o canal da Mancha en 1911 nun voo con motor.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Elisa Patiño “A muller paxaro”

Luns 27 de febreiro ás 19 h

Salón de plenos do concello de Sanxenxo

Relatora: Milagros Bará

VÍDEO