CONCEPCIÓN ARENAL
Unha humanista en loita contra as inxustizas
Durante moito tempo Concepción Arenal foi apenas lembrada por vestirse de home para asistir a unha universidade que aínda non permitía a entrada de mulleres. Mais detrás desa anécdota atopamos unha intelectual brillante e comprometida: escritora, pensadora, socióloga, xurista e activista… Unha muller de múltiples arestas, difícil de etiquetar, un referente esencial do pensamento reformista do século XIX e unha das mentes máis lúcidas e comprometidas da historia de España que loitou incansablemente para mellorar as condicións das persoas que a sociedade deixa nas marxes.
podcast
ROTEIRO
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Concepción Arenal “Unha humanista en loita contra as inxustizas”