CARMEN BABIANO
A artista na gaiola
Carmen Babiano foi unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar co que chegaría a ser o alcalde de Pontevedra, o médico Víctor Mendoza, Carmen abandona o ámbito público, malia que tanto a prensa galega coma varios dicionarios de artistas a nivel nacional a situaban xa por riba do nivel amateur. A partir dese momento, enfocou a súa forza creadora e o seu interese polas artes na formación das súas fillas e tamén nun labor de mecenado que a converteu nunha figura clave na vida cultural pontevedresa.
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Carmen Babiano “A artista na gaiola”
Martes 27 de febreiro ás 19 h
Vestíbulo do Museo de Pontevedra
Relatora: Beatriz de San Ildefonso Rodríguez