AS LEITEIRAS DE PONTEVEDRA

O triunfo da unión entre mulleres

En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas ao poder.

Houbo protestas e loitas nas rúas durante seis días. E, finalmente, baixo a presión da falta de mercadorías, a Corporación municipal acordou suprimir o imposto sobre o leite e rebaixar tamén os arbitrios sobre o peixe.

Aquel triunfo da unión entre mulleres prendeu a chama do movemento agrario pontevedrés e foi a semente das primeiras sociedades agrarias en Lérez ou en Marcón, ademais de inspirar outras revoltas en distintos puntos de Galicia.

Porén, non se lles recoñeceu o papel fundamental que xogaron estas loitadoras nas reivindicacións do agro, que, con afouteza, acadaron logros para o ben común de toda a sociedade galega.

podcast

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

As leiteiras de Pontevedra “O triunfo da unión entre mulleres”

Xoves 7 de marzo ás 19 h

Salón de plenos de Deputación de Pontevedra

Relatora: Xiana Iglesias Villaverde

VÍDEO