ANTONINA SANJURJO

ANTONINA SANJURJO

Deporte e galeguidade

Durante a Segunda República española, o hóckey feminino en Galicia adiantou o masculino. Os equipos de hockeywomen eran moi populares e contaban cunha importante afección e con directivas conformadas por mulleres. Entre elas, destacou a viguesa Antonina Sanjurjo, un deses referentes que aínda non atopamos nos libros de historia, a pesar de ser pioneira do deporte galego, considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia, e tamén profesional comprometida coa súa terra no plano político e laboral.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Antonina Sanjurjo “Deporte e galeguidade”

Luns 19 de xuño ás 19 h

Sede da Deputación en Vigo

Relatora: Cristina López Villar

VÍDEO