ÁNGELES ALVARIÑO

ÁNGELES ALVARIÑO

Oceanógrafa. Unha pioneira na investigación mariña

Ángeles Alvariño foi a primeira muller investigadora que se embarcou nun buque oceanográfico e adoita ser lembrada por esa anécdota. Se fose un home, probablemente sería recoñecida moito antes por ser unha das maiores especialistas do mundo no seu campo e no seu tempo. Descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de excelente indicador do estado de saúde dos mares e dos caladoiros de pesca. E, aínda que na España do século pasado as mulleres eran case unha anomalía científica, a ferrolá logrou facerse un oco nese campo do coñecemento tan dominado por un sistema patriarcal, para deixar boa proba do seu talle intelectual.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Ángeles Alvariño. Oceanógrafa. Unha pioneira na investigación mariña

13 de setembro de 2023 as 19 h

Sala Rosalía de Casto. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Relatora: Ángeles Leira (filla de Angeles Alvariño)

VÍDEO