A BELLA OTERO

LA BELLA OTERO

Unha icona da belle époque

Bailarina, cantante, actriz e cortesá, La Bella Otero converteuse nunha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque. Mentiu, inventou e fabulou coma ninguén para esconder un pasado traumático que a obrigou a fuxir de Valga con só 12 anos, tras unha brutal violación. Construíuse unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores aos que xamais conseguiu entregarse por completo porque lle resultaba imposible confiar nos homes. Segundo ela mesma declarou, a súa verdadeira paixón foi o xogo. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

A Bela Otero. Unha icona da belle époque

16 de novembro de 2023 as 19 h

Museo da historia. Valga

Relatora: Encarna Otero