O compost, propiedades e aplicacións
Programa de compostaxe local
Revitaliza
-
O compost, propiedades e aplicacións
O compost, propiedades e aplicacións
O compost é un fertilizante natural para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais mesturados con materiais leñosos e secos, que funcionan como estruturante. Trátase dun produto estable, de cheiro agradable e con moitas propiedades beneficiosas.
Propiedades químicas
- Aumenta a dispoñibilidade de nitróxeno (N), fósforo (P), potasio (K), ferro (Fe) e xofre (S) no solo
- Incrementa a eficiencia da fertilización
- Estabiliza o índice de acidez do solo (pH)
- Aumenta os macronutrientes e os micronutrientes
- Inactiva os residuos de praguicidas debido á súa capacidade de absorción
- Inhibe o crecemento de fungos e bacterias que lles afectan ás plantas
Propiedades físicas
- Actúa como soporte e alimento dos microorganismos
- Incrementa a capacidade de retención da humidade
- Retén enerxía calórica
- Mellora a porosidade, a permeabilidade e a aireación do solo
- Permite unha maior esponxosidade e retención de auga
- Mellora a estrutura do solo
Propiedades biolóxicas
- Reduce a erosión do solo
- Favorece a micorrización
- Intensifica a actividade microbiana
O compost pode ter diferentes aplicacións en función do seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina.
O compost maduro distínguese pola súa textura terrosa, a súa cor escura e o seu cheiro a bosque. Principalmente úsase como fertilizante en cultivos, xardíns ou plantas domésticas. Así mesmo, mellora a estrutura do chan e favorece a capacidade de reter auga.
Proporcións
- En hortos, 2-3 kg/m2 de compost mesturado ou enterrado a uns 10-15 cm.
- En árbores, estender unha capa de 3 cm mesturado superficialmente ou ao redor do tronco en toda a superficie ocupada pola copa da árbore.
- En macetas, mesturar 1 parte de compost con 3 de terra antes de plantar.
Té de compost: no caso de precisar un extra de nutrientes, pódese utilizar en forma líquida. Unha posible opción é deixar macerar durante unha semana, remexendo de cando en vez, uns 3 kg de compost maduro en 10 litros de auga, preferiblemente de choiva, nun saco permeable. Aplicarase como rego ou diluído en auga, dependendo das necesidades da planta.