Compostaxe comunitaria
Programa de compostaxe local
Revitaliza
Compostaxe comunitaria
A compostaxe comunitaria consiste no aproveitamento dos biorresiduos domésticos xerados nos domicilios que non poidan dispoñer dun composteiro propio. O mantemento realizarase de xeito controlado polas mestras e mestres composteiros nos centros de compostaxe de uso común.
Os centros de compostaxe comunitaria están formados por unidades modulares dun metro cúbico en diferentes disposicións que garanten un proceso con tres fases diferenciadas. A veciñanza debe depositar os seus biorresiduos no módulo de achega e tapar con estruturante; despois a mestra ou mestre composteiro do Concello encargarase do mantemento.
Ao carón dos centros comunitarios hai sacos ou caixóns de estruturante para que a cidadanía colla a materia seca necesaria para tapar os seus biorresiduos.
O compost producido no centro de compostaxe comunitaria será para a veciñanza participante e para mellorar os xardíns municipais.
Podes ver no mapa a situación dos centros de compostaxe comunitaria:
Vídeo da Deputación:
Vídeos de CCC:
Subministración, transporte e instalación de caixóns de almacenaxe de estruturante e bancos para ferramentas nos centros de compostaxe comunitaria da provincia de Pontevedra, tanto para os xa instalados coma para as novas instalacións que se poidan levar a cabo.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden solicitar caixas de estruturante ou caixóns de ferramentas para os centros de compostaxe comunitaria que teñan instalados (ata rematar existencias).
Para solicitar o material, os concellos poden poñerse en contacto a través do correo residuos@depo.es