Vantaxes da compostaxe local

Programa de compostaxe local

Revitaliza

Vantaxes da compostaxe local


  • A compostaxe é unha solución ao tratamento dos biorresiduos prioritaria na xerarquía de xestión de residuos fronte á incineración e ao vertido.
  • Aforro na recollida do lixo, xa que na compostaxe individual e comunitaria non se precisa ningún tipo de recollida.
  • Aforro nos custos de tratamento: a nivel doméstico non representa ningún, mentres que, a nivel comunitario, os custos son comparables aos dunha recollida separada.
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro en comparación con outros tipos de xestión que precisan transporte.
  • Mellora da calidade e cantidade das outras fraccións recollidas separadamente. A veciñanza que participa nas campañas de reciclaxe e separa correctamente a parte orgánica faino tamén co resto dos residuos.
  • Produce un fertilizante natural, o compost, que mellora a calidade da terra e reduce o gasto en fertilizantes químicos.