Agrocompostaxe
Programa de compostaxe local
Revitaliza
Agrocompostaxe
O terceiro nivel na implantación da compostaxe no programa Revitaliza consiste no desenvolvemento das pequenas plantas de compostaxe comarcal (PCC), as cales están pensadas para xestionar os residuos orgánicos en áreas onde a densidade ou a distribución da poboación non permiten un tratamento dos biorresiduos in situ.
Para isto, buscouse promover e aproveitar as sinerxías asociadas á cocompostaxe de biorresiduos de orixe doméstica, recollidos de forma separada en orixe, cos residuos orgánicos agrogandeiros, silvícolas, vitivinícolas, hortofrutícolas ou similares, cunha liña de subvencións destinada a financiar a construción ou adaptación de plantas para agrocompostaxe, coa finalidade de utilizar en orixe o compost resultante.