#FORMACIÓN

Proxecto Labora 2020

Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.


Persoas beneficiarias

As persoas destinatarias da formación do proxecto serán persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, inscritas no servizo público de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Itinerarios formativos
 Os itinerarios formativos deste proxecto foron todos finalizados
 Os itinerarios formativos deste proxecto foron todos finalizados
26
marzo
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208)
482 horas
Pontevedra e Vigo
26
marzo
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO (SSCS0108)
632 horas
Pontevedra e Vigo (2 edicións)
26
marzo
DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO (SSCE0110)
412 horas
Cangas e Vigo
Contidos da formación que se imparte Itinerarios
Preinscrición - PECHADA
PREINSCRICIÓN PECHADA

O procedemento para a preinscrición rexerase segundo o establecido nas Bases de selección de persoas participantes no Proxecto Labora 2020, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Para ampliar a información sobre o procedemento de selección:

Ou contacta co proxecto:

Labora2020@depo.es
986 80 41 00 ext.40846

Axuda económica

Para compensar os gastos de asistencia á formación as persoas que finalicen con éxito percibirán 13,45 € por cada día que asistan.

Condicións para poder percibir esta axuda:

  • Que as rendas ou ingresos mensuais non sexan iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente (a título informativo, este ano 2022, non poderá ser igual ou superior a 579,02 €).
  • Que as ausencias non superen o 10% do total das horas de formación

BASES

LISTADOS DE PERSOAS BENEFICIARIAS

Preguntas frecuentes

É un proxecto da Deputación de Pontevedra, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo (FSE), dirixido a 855 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego da provincia de Pontevedra para a mellora da súa formación e empregabilidade a través de itinerarios personalizados.

Participar en itinerarios integrados de inserción sociolaboral que incluirán:

  • Orientación laboral e titorías individuais
  • Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2
  • Práctica profesional titorizada correspondente a formación específica en contornos reais de traballo
  • Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social; desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio
  • Formación complementaria: procura de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego

Ás persoas desempregadas que pertenzan a colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE):

  • Persoas desempregadas de longa duración (PDL)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con certificado de discapacidade
  • Persoas inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos por unha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

  • Solicitando a formación correspondente na túa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal) coas túas claves de acceso
  • Realizando a preinscrición, segundo o modelo establecido no anexo I "Solicitude de participación", que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica
    • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe)
    • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes non obrigadas á presentación electrónica poderán preinscribirse de forma presencial, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

As solicitudes de preinscrición poderán presentarse respectando os prazos indicados na páxina web (http://depo.gal/labora-2020) para cada acción formativa.

O proxecto Labora 2020 conta cunha axuda económica para as persoas formadas que cubre os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación co coidado de familiares. Este importe é de 13,45 € (por persoa e día de asistencia) e aboarase logo de comprobar a asistencia á formación.

Esta axuda está condicionada á asistencia. As ausencias non poderán superar o 10 % do total da acción formativa; no caso de superar esa porcentaxe deberase devolver todo o importe percibido.

As axudas percibidas por prestacións sociais públicas ou de asistencia social serán compatibles coa axuda económica. Este requisito comprobarase ao inicio da acción formativa.

Terás dereito á axuda económica dependendo da contía da prestación ou subsidio que esteas a percibir.

Terás dereito a recibir a axuda económica se careces de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75 % do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).

Para realizar a formación en Competencias Clave non é necesario cumprir ningún requisito formativo/educativo.

O resto dos itinerarios formativos están asociados á obtención do certificado de profesionalidade correspondente, polo que o alumnado deberá acreditar os requisitos esixidos no artigo 4 do R. d. 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade:

  • Nivel 1: sen requisitos formativos nin profesionais
  • Nivel 2: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.
  • Nivel 3: estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

O Instituto Galego das Cualificacións da Xunta de Galicia será o que expida a acreditación do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que se cumpran os requisitos formativos/educativos esixidos no certificado con anterioridade ao inicio da acción formativa e se superen todos os módulos correspondentes á formación específica e á realización das prácticas profesionais. A formación que se impartirá en cada un dos itinerarios do proxecto está asociada á obtención do certificado de profesionalidade correspondente ou á obtención de Competencias Clave do Nivel 2.

Accións formativas Localidades Nivel
Inicio: a partir de outubro de 2019
Competencias Clave do Nivel 2 (Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas) Cangas, Lalín, Pontevedra (2), O Porriño, Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa N/A
Actividades Auxiliares de Almacén Barro, Cambados, Lalín e O Porriño Nivel 1
Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes Tomiño (2) Nivel 1
Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais O Grove, Ponteareas e Vigo Nivel 1
Operacións Básicas de Restaurante e Bar Cambados, Soutomaior e Vigo (2) Nivel 1
Dinamización de Actividades de Tempo de Lecer, Educativo, Infantil e Xuvenil O Grove, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Socorrismo en Instalacións Acuáticas Pontevedra y Vigo Nivel 2
Inicio: a partir de 2020
Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio Mos, O Porriño, Pontevedra (2), Valga, Vigo (3) Nivel 2
Xestión de Chamadas de Teleasistencia Cangas, Pontevedra (2) e Vigo (2) Nivel 2
Docencia da Formación Profesional para o Emprego A Guarda , Cangas, Lalín, Pontevedra (2), Vigo (2) e Vilagarcía de Arousa Nivel 3

A asistencia é obrigatoria; as horas de ausencias non poden superar o 10 % das horas totais do itinerario.

As persoas beneficiarias que teñan faltas de asistencia superiores ao 10 % das horas totais do itinerario ou abandonen a formación deberán devolver o importe da axuda percibida.

As ausencias superiores ao 25 % das horas da formación teórica suporán a baixa na formación.

A formación transversal en igualdade, desenvolvemento sostible, busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego é obrigatoria para todas as persoas participantes, xa que forma parte dos itinerarios formativos. 

As persoas beneficiarias que obteñan un contrato de traballo temporal a tempo parcial durante o período formativo non causarán baixa no itinerario sempre que poidan compatibilizar o traballo co horario do programa formativo.

O proxecto Labora 2020 é compatible con outra formación sempre que o horario o permita. Haberá que ter en conta outras incompatibilidades coma a participación en programas de formación subvencionada ou programas de políticas activas de emprego.

Persoas seleccionadas para la realización de los cursos

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO– (SSCS0108) - Pontevedra

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006118) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006131) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (2019/006108) - Cambados

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208) - Pontevedra

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (SSCB0208) 6113 - Vigo

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006120) - Cangas

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO (SSCE0110) - Pontevedra

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006124) - Vigo

(2019/006115)- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (SSCG0111) - Pontevedra

(2019/006115)- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA– (2019/006130) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO– (SSCS0108) - Pontevedra

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006118) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006131) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (2019/006108) - Cambados

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208) - Pontevedra

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (SSCB0208) 6113 - Vigo

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006120) - Cangas

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO (SSCE0110) - Pontevedra

(2019/006115)- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006124) - Vigo

(2019/006115)- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (SSCG0111) - Pontevedra

(2019/006115)- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA– (2019/006130) - Vigo

(2019/006115)- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS EN EL DOMICILIO– (SSCS0108) - Pontevedra

OP070 I004 E004- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006117)- Vigo

OP070 I004 E001- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDENTES NO DOMICILIO– (2019/006114)- O Porriño

OP070 I005 E001- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA– (2019/006126)- Cangas

OP070 I001 E006- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006121) - Pontevedra

OP070 I003 E001- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (2019/006108) - Vilagarcía de Arousa

OP070 I001 E008- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006125) - Vilagarcía de Arousa

 OP070 I003 E005- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (SSCB0208) - 6112 - Vigo

 OP070 I001 E006- DOCENCIA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO– (2019/006123) - Vigo

 OP070 I005 E004- XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA– (2019/006129) - Vigo

 (OP070 I003 E003) - ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – (SSCB0208) - 6110 Pontevedra

 (OP070 I005 E002) - XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (SSCE0111) - 6127 Pontevedra

 (2019/006106)- OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR– (HOTR0208) Vigo

 (2019/6041)- ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN– (COML0110)Cambados

 (2019/006060 )- COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ NIVEL 2– (FCOV22)(2019/006061)- COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA NIVEL 2- (FCOVXX21)(2019/006062 )- COMPETENCIAS CLAVE MATEMÁTICA NIVEL2– (FCOV22) Cangas

 (2019/006064 )- COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ NIVEL 2– (FCOV22)(2019/006065)- COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA NIVEL 2- (FCOVXX21)(2019/006066 )- COMPETENCIAS CLAVE MATEMÁTICA NIVEL2– (FCOV22) Lalín

 (2019/006044) – COMPETENCIAS CLAVE– (FCOV32) Vigo

 (2019/006029)-SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS – (ADPO109) Vigo

 (2019/006030)-LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS – (SSCM0108) Vigo

 (2019/006031)- DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL – (SSCB0209) Vigo

 (2019/006054)- COMUNICACIÓN EN LENGUA CASTELLANA N2– (FCOV22) (2019/006055)-COMUNICACIÓN EN LENGUA GALLEGA N2–(FCOXX01) (2019/006056)-COMPETENCIA MATEMÁTICA N2-(FCOV23) Porriño

 (2019/006042)- ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN  – (COML0110) Barro

 (2019/006038)- DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL – (SSCB0209) Pontevedra

 (2019/006037)- DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL – (SSCB0209) Pontevedra

 (2019/006032)- DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL – (SSCB0209) Vigo

 (2019/006039)- OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR– (HOTR0208) Vigo

 (2019/006057 )- COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ NIVEL 2– (FCOV22) / (2019/006058)- COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA NIVEL 2- (FCOVXX21) / (2019/006059 )- COMPETENCIAS CLAVE MATEMÁTICA NIVEL2– (FCOV22) Vilagarcía de Arousa

(2019/006043) – COMPETENCIAS CLAVE– (FCOV32) Vigo

 (2019/00640)- OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALMACÉN– (COML0110) O Porriño

Xornadas informativas

O proxecto "Labora 2020" organizará 10 xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas  coa participación de empresas relevantes dos sectores con mais perspectivas de emprego; intervención de relatoras e relatores referentes no ámbito do coaching, intelixencia emocional e resiliencia, e coa colaboración de entidades de carácter social que están traballando no ámbito da  formación e do emprego.

A temática de cada unha das xornadas céntrase en aspectos claves no ámbito da formación e do emprego:

 

Máis información