#INFRAESTRUTURAS
Informes, autorizacións, permisos e licencias
Calquera tipo de obra que se pretenda realizar nunha estrada provincial (edificacións, peches, beirarrúas, canalizacións, conexións da rede de auga ou de sumidoiros...) debe contar coa autorización preceptiva da Deputación.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por autorización de obras e actuacións nas zonas de influencia das estradas provinciais.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
O Servizo de Mobilidade tramita unha media de 1.100 permisos de obra ó ano da seguinte forma:
- Rexistro de entrada da solicitude
- Periodicamente relaciónanse as solicitudes e envíanselles ós enxeñeiros técnicos da zona correspondente para que as informen
- Poden darse dous casos:
- O informe favorable que autoriza a obra, co que se lle comunica ó Servizo de Intervención para que a liquide e a notifique ó interesado
- O informe desfavorable, co que se lle comunica ó interesado por se existe a posibilidade de solucionar o problema
- No primeiro suposto (informe favorable), despois de aboar o importe das taxas correspondentes, o depósito de fianza, etc., tramítase a autorización neste servizo
- Unha vez que o asinen o enxeñeiro xefe da zona, o enxeñeiro director de Mobilidade e a presidenta envíaselle o permiso por correo certificado ó interesado
En relación coas previsións de coordinación co planeamento urbanístico recollidas no artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, nos supostos de redacción, revisión ou modificación de instrumentos de plan que afecten as estradas existentes ou ás actuacións previstas nos plans de estradas vixentes, o concello remitirá, con posterioridade á súa aprobación inicial, o correspondente documento ás administracións titulares das estradas afectadas para que o informen.
Deste xeito, segundo o previsto no artigo 7d) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publícanse a continuación os informes sectoriais emitidos pola Deputación de Pontevedra nos supostos de redacción, revisión ou modificación de plans de ordenación municipal na rede viaria provincial.
Ano 2020
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación singular nº 25 das normas subsidiarias do planeamento do Concello de Nigrán
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello De Meaño (en segunda redacción)
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal do Porriño
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 6 do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal da Guarda
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal de Pontevedra no ámbito "General Antero Rubín – María Victoria Moreno" e "Mollavao Norte", que permita o desenvolvemento do convenio subscrito entre o INVIED O.A. e o Concello de Pontevedra
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 24 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Vilanova de Arousa para a redelimitación do núcleo rural de A Torre, de conformidade coa Lei 2/2016 do solo de Galicia
- Informe sectorial de estradas sobre o documento inicial estratéxico e borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar
- Informe sectorial de estradas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas
- Informe sectorial de estradas sobre a delimitación de solo de núcleo rural de O Mosteiro
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meis (en segunda redacción)
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 24 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Vilanova de Arousa para a redelimitación do núcleo rural de A Torre, de conformidade coa Lei 2/2016 do solo de Galicia
- Informe sectorial de estradas sobre o estudio de detalle para axuste das rasantes no ámbito do plan especial de infraestruturas e dotacións na zona E69B - O Revel
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº 18 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, para a delimitación do núcleo rural de Deiro de arriba, de conformidade coa Lei 2/2016 do solo de Galicia
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Concello de Meaño)
- Informe sectorial de estradas sobre a modificación puntual nº2 das NNSSMM de Cotobade
- Informe en materia de estradas provinciais sobre modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos, que remite o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
- Informe en materia de estradas provinciais sobre modificación puntual número 5 do Plan Xeral de Ordenación urbana do Concello de A Guarda, que remite o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Informe en materia de estradas provinciais sobre a delimitación do solo de núcleo rural de A Rochela, parroquia de Vilaza e Chaín do Concello de Gondomar
- Informe en materia de estradas provinciais sobre a posta en funcionamento dunha nova estación de servizo en Nigrán por afección á estrada EP-2101 por proximidade, que remite a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria
- Informe en materia de estradas provinciais sobre modificación puntual do PXOU de Vigo para a reordenación do ámbito do barrio do Cura, que remite a Xefatura Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo
- Informe en materia de estradas provinciais sobre modificación puntual número 23 para a redelimitación do núcleo rural de Fonsín das normas subsidiarias municipais do Concello de Vilanova de Arousa
- Informe en materia de estradas provinciais sobre o proxecto de construcción: MSV no entorno do TCA na estrada PO-308, P.Q. 3+500 a 5+100, Fontenla. Clave: PO/19/053.06, que remite a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade