Axenda de actividades provinciais

Seminario “A Galería Diana de Cidade de México, 1954-1965”

2024-10-17 16:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Galería Diana

O seminario “A Galería Diana de Cidade de México, 1954-1965. Reconstrución Histórica dunha Galería de Arte do Exilio Galego e Español” parte do traballo de Samuel Diz e Beatriz Fontán na investigación, estudo e reconstrución da Galería Diana de Rosita García Ascot e Xesús Bal y Gay, situada no Paseo de la Reforma 489 da Cidade de México entre 1954 e 1965. Artistas do exilio como Remedios Varo, Elvira Gascón ou Lucinda Urrusti compartiron espazo coa nova xeración de artistas mexicanos como Ángela Gurría, Pedro Friedeberg ou Héctor Xavier, nun momento de novas inquedanzas que impulsaron o movemento da Ruptura.

Información

Acceso libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.ga

Máis información