Axenda de actividades provinciais
Exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña
Desde
2025-04-25 00:00:00.0
ata
2025-05-11 21:00:00.0
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Carlos Ocaña mostra en "Nocturnidade" unha colección de imaxes que teñen como característica común a noite, recollendo lugares e estampas na escuridade, de aí o título da exposición. Ocaña, que foi mariñeiro de profesión, iniciouse no mundo da fotografía durante as súas estancias traballando nas costa de África entre 1979 e 1986. Posteriormente, decidiu perfeccionar a súa afección e fixo diferentes cursos de fotografía, e nos últimos anos formou parte de exposicións en lugares como Vilagarcía de Arousa ou Rianxo, entre outros.
Información
Horario
- De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
- Os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
- Os domingos de 10:00 a 14:00 horas