Axenda de actividades provinciais

Visitas ao castelo de Soutomaior

Desde Tue Jan 02 00:00:00 GMT 2024 ata Tue Dec 31 00:59:00 GMT 2024
Castelo de Soutomaior
Castelo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é un imprescindible nas viaxes ás Rías Baixas. Protexe coas súas murallas a lembranza dos personaxes que deixaron a súa pegada en cada recuncho deste fermoso enclave. Grazas á investigación levada a cabo pola Deputación de Pontevedra para a musealización do ano 2018, poñemos en valor a figura de Pedro Madruga e tamén o labor tan importante que realizou María Vinyals ao longo da súa vida á hora de defender o papel da muller. Unha fortaleza medieval con toques palacianos do século XIX con moitas historias que contar, a visita ao Castelo de Soutomaior trasládache as distintas épocas, explicándoas dun xeito ameno e interpretativo.

Información

Visitas guiadas os martes e os xoves

  • ​​​​​​Visita guiada ao castelo ás 12 h
  • Visita guiada ao castelo e os xardíns ás 16 h

Máis información