Tesourería
Na Tesourería da Deputación de Pontevedra destacan dous grandes núcleos de traballo.
Por unha banda, a Tesourería como instrumento de xestión financeira e, pola outra, o núcleo que presta as funcións de xestión tributaria, recadación, inspección e asesoría xurídica ós concellos da provincia a través do órgano de xestión e recadación provincial.
Xestión financeira
Como instrumento de xestión financeira as súas funcións baséanse en dar efectividade á recadación de dereitos que forman parte do orzamento e ó pagamento das obrigas da institución provincial, así como á custodia de valores e fondos que se realiza por medio de depósitos bancarios.
Xestión tributaria
En canto á xestión tributaria, as súas principais accións concéntranse en prestarlles servizos ás entidades locais da provincia de Pontevedra para:
- Mellorar a xestión tributaria e recadatoria dos ingresos de dereito público locais
- Facilitarlle ó contribuínte o cumprimento das súas obrigas fiscais
A estrutura da Tesourería como instrumento de xestión tributaria, recadación e inspección ós concellos da provincia é a organización do ORAL.
información
- Pazo provincial
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- tesoureria@depo.gal