Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.

Os seus obxectivos son:

  • Estudar e difundir a cultura das humanidades nos ámbitos de interese galego, español e universal.
  • Promover actividades de proxección social da arte e as humanidades naqueles temas que sexan de interese xeral para a sociedade galega e pontevedresa en particular.
  • Establecer e manter unha adecuada relación con outros organismos de cometido similar tanto galegos coma do resto de España e internacionais.
  • Coordinar o seu labor con outros organismos culturais dentro desta institución.
  • Realizar publicacións directamente relacionadas co obxecto do servizo e difundilas.

Ligazóns de interese

información

  • Edificio Fernández López
  • Calle Pasantería, 2-10 - 36002
  • +34 986 804 100
  • secretaria.museo@depo.es