Patrimonio Documental e Bibliográfico

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura.

  • Patrimonio Documental, que comprende dúas áreas de actuación:
    • Arquivo da Deputación
    • Patrimonio Documental Provincial
  • Patrimonio Bibliográfico, coas seccións de monografías xerais e de Galicia, hemeroteca, cartoteca, gravacións sonoras e fondos musicais, fondo gráfico e audiovisual.
  • Editorial

información

  • Arquivo Provincial
  • Rúa Padre Amoedo, 1 - 36001
  • +34 986 804 100
  • arquivo@depo.es