Intervención

Ó Servizo de Intervención da Deputación correspóndenlle por lei as seguintes áreas de traballo:

  • Función contable: consiste en levar e desenvolver a contabilidade financeira e o seguimento, en termos financeiros, da execución dos orzamentos de acordo coas normas xerais e as ditadas polo Pleno da Corporación (art. 204.1 R. d. l. 2/2004).
  • Función de control e fiscalización: exércese sobre a súa xestión económica na súa tripla acepción de función interventora, de control financeiro e de eficacia (art. 213 R. d. l. 2/2004).

Adicionalmente a estas clásicas funcións hai que engadir as derivadas de toda a información demandada polas institucións que teñen asumida a tutela financeira das corporacións e que supoñen o envío periódico de informes con contido económico, coma os orzamentos anuais, os informes sobre o cumprimento de pagamento a provedores establecidos na Lei de morosidade e estados de execución de orzamentos, entre outros.

Finalmente, e como peche do ciclo económico, tamén se encarga da rendición da Conta Xeral nos termos establecidos no art. 223 do R. d. l. 2/2004.

información

  • Pazo provincial
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • intervencion@depo.es