Cultura

A Deputación de Pontevedra aposta plenamente polo fomento, pola promoción e pola difusión da cultura en todas as súas manifestacións, polo que distribúe os fondos culturais en programas dirixidos á totalidade dos concellos e asociacións sen ánimo de lucro, centros culturais e fundacións da provincia.

A través do Servizo de Cultura colabora coas entidades mediante subvencións e apoiando as manifestacións culturais, eventos, actividades e foros centrados na dinamización da cultura e da lingua galegas. As liñas de axuda que se ofertan anualmente destínanse a actividades culturais, escolas de música, festivais de artes escénicas e musicais, así como, a festivais de audiovisual da provincia.

Un dos referentes da nosa cultura é o calendario de actuacións musicais de grupos profesionais "+Música" que, xunto ao pioneiro catálogo de actuacións "Culturea", conforman e mostran as diversas manifestacións xurdidas na provincia.

Entre as distintas accións propias deste servizo están as exposicións itinerantes e as programacións musicais, de teatro e de rutas sobre diversas temáticas e eidos da cultura que se desenvolven nos espazos dos concellos da provincia e que están destinadas a diferentes tipos de público. Ademais, manteñen un compromiso firme coa inclusión, coa igualdade e coa sostibilidade, obxectivos transversais de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

información

  • Pazo provincial
  • Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
  • +34 986 804 100
  • cultura@depo.es