Cooperación
A cooperación e a asistencia aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, constitúe unhas das principais competencias das deputacións. No desenvolvemento deste labor traballa, entre outros, o Servizo de Cooperación, coas seguintes funcións:
- Xestionar distintos plans e subvencións. Moitos dos plans están orientados á creación de infraestruturas municipais ou a ampliar, adaptar e mellorar as existentes. Segundo os casos afectan a períodos anuais ou plurianuais e poden estar financiados exclusivamente pola Deputación ou ben cofinanciados polo Estado ou a Unión Europea. Por conseguinte, nesta tarefa de programación e execución das obras municipais a Deputación non só se limita ás que pode financiar cos seus propios fondos e coas achegas municipais senón que canaliza e xestiona as subvencións doutras administracións.
- Coordinar e planificar estratexias para a presentación de candidaturas de proxectos ás convocatorias abertas dos distintos programas europeos (ERASMUS+, POCTEP INTERREG V-A, LIFE+, FSE, FEDER...).
- Recompilar datos sobre distintos tipos de infraestruturas e recursos municipais con vistas á elaboración da EIEL (Enquisa de Infraestruturas e Equipamento Local), enquisa que se lle remite anualmente ao Ministerio de Política Territorial).
- Traballar na mellora da eficiencia enerxética realizando un diagnóstico enerxético previo, avaliando para iso a eficiencia dos distintos equipos e instalacións e determinando, con iso, as posibles actuacións que se poden acometer para a súa optimización no gasto enerxético ou a súa adecuación a normativas e regulamentos vixentes. Este obxectivo pasa por coñecer o estado físico das instalacións de iluminación e a enerxía eléctrica que consomen os diferentes concellos, e verificar o cumprimento da normativa vixente.
información
- Edificio Administrativo
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- cooperacion@depo.es