#INNOVACIÓN

SmartPeme

SmartPeme é un servizo de asesoramento individual e personalizado, de accións de capacitación en materia de novas tecnoloxías e competitividade empresarial, en funcionamento desde o ano 2016.


Está destinado a persoas emprendedoras, persoas autónomas e pemes

Está formado por un equipo de 19 persoas, das cales 11 prestan servizos de asesoramento e formación.

  • Asesoramento. Sesións personalizadas e individuais con cada empresa onde se traballan as súas necesidades relacionadas coa transformación dixital, a competitividade, etc.
  • Actividades de capacitación. Permiten ampliar os coñecementos sobre unha ferramenta, materia ou temática concreta mediante formacións presenciais, webinarios, actividades de networking, etc.
  • Actividades e eventos de divulgación. Para dar a coñecer novas tendencias e solucións organízanse periodicamente almorzos de traballo, xornadas, demostracións de solucións ou retos de innovación, entre outros.

Horarios 

Atención a persoas autónomas, emprendedoras e pemes

  • Horario de inverno: de luns a venres, de 10.00 a 14.30 h e de 16.00 a 19.00 h
  • Horario de verán (agosto): de luns a venres, de 9.00 a 14.30 h

Localización

  • Comarcas do Salnés e de Caldas
    • Cambados
    • Centro Comarcal ExpoSalnés. Paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados
    • Teléfono: 886 202 020
    • Correo electrónico: cambados.smartpeme@depo.es
  • Comarcas de Deza e de Tabeirós-Terra de Montes
    • Lalín
    • Viveiro de Empresas de Lalín. Polígono Lalín 2000, parcela E, 36500 Lalín
    • Teléfono: 886 202 020
    • Correo electrónico: lalin.smartpeme@depo.es
  • Comarcas do Condado e da Paradanta
  • Comarcas de Pontevedra e do Morrazo
  • Comarcas de Vigo e do Baixo Miño
    • O Porriño
    • Multicentro do Concello do Porriño. Riveira, s/n, Torneiros, 36410 O Porriño
    • Teléfono: 886 202 020
    • Correo electrónico: oporrino.smartpeme@depo.es
  • Comarcas de Vigo e do Baixo Miño
    • Vigo
    • Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra. Rúa de Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo
    • Teléfono: 886 202 020
    • Correo electrónico: vigo.smartpeme@depo.es
  • Centro Provincial de Economía Dixital
    • Barro
    • Viveiro de Empresas de Barro. Polígono Industrial Barro, parcelas A4 e 5, 36191 Barro 
    • Teléfono: 886 202 020
    • Correo electrónico: barromeis.smartpeme@depo.es

Carteiras

O servizo de SmartPeme  está dividido en carteiras específicas como TurisTIC, enfocada ao sector turístico; as carteiras de Terceiro Sector, de Comercio e de Impulsa, vinculadas a temas de competitividade e crecemento empresarial; ou o Centro Provincial de Economía Dixital, situado en Barro, que, grazas ao apoio do FabLab da Deputación, presta asesoramento e formación en temáticas dixitais máis innovadoras, coma a fabricación dixital, a intelixencia artificial ou a robótica.

Ademais, para seguir impulsando o servizo, deseñáronse novas carteiras específicas aliñadas cos obxectivos da Deputación e atendendo no 2022 especialmente ás directrices do Goberno de España e da Comisión Europea, ligadas ás necesidades do tecido empresarial da provincia de Pontevedra.

  • Administración electrónica. Estase comezando a prestar formación e asesoramento en temáticas vinculadas coa dixitalización das administracións públicas e a relación das pemes con estas, tratando temas como o certificado dixital, DNI electrónico ou a facturación electrónica.
  • Ciberseguridade. A raíz do crecente aumento dos ciberataques e a dixitalización do tecido empresarial, así como as prioridades do Plan España Pode en reforzar a ciberseguridade das pemes, xorde a necesidade de crear un servizo específico que fortaleza a capacitación e sensibilización das empresas para previr, detectar e defenderse ante as ciberameazas.
  • Emprendemento. Trátase dun dos servizos máis demandados polas e polos novos usuarios que acoden a SmartPeme  cunha idea de emprendemento. Exponse como un servizo englobado na carteira de Impulsa, enfocado a sentar as bases do proxecto, facilitándolles toda a información relativa á creación do negocio e a viabilidade económico-financeira, e que estaría moi aliñado coas accións desenvolvidas no coworking de Barro e os viveiros.
  • Igualdade. Contemplada como unha temática dentro do servizo actual de SmartPeme  Impulsa, busca promover o asesoramento para a creación de plans de igualdade, o impulso de accións de igualdade nas pemes ou potenciar o liderado feminino mediante o desenvolvemento de accións específicas dirixidas ás mulleres emprendedoras e profesionais da provincia, potenciando o talento feminino e a igualdade, un dos piares fundamentais da Deputación de Pontevedra.
  • Transición ecolóxica. Do mesmo xeito que as dúas carteiras anteriores, desenvolverase unha liña de asesoramento e accións de capacitación específicas —sobre cuestións clave para o desenvolvemento do tecido empresarial e a recuperación da crise— coma a economía circular, a sustentabilidade ou os ODS, que lles axude a adaptarse e alcanzar de forma local estes obxectivos prioritarios para a Deputación de Pontevedra, o Goberno de España e a Comisión Europea.

Actuacións

CONVENIOS

TITULO FIRMA VIXENCIA ENTIDADES E ACHEGAS DOCUMENTO
I addenda ao convenio para a realización de actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina da rede SmartPeme Pontevedra na Estrada 07/03/2023 Do 21/3/23 ao 20/2/24 Concello da Estrada e Deputación de Pontevedra Descargar PDF
Realización de actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina do Porriño da Rede SmartPeme Pontevedra 20/02/2023 21/02/2024 Concello de o Porriño e Deputación de Pontevedra Descargar PDF
Realización de actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina do Porriño da Rede SmartPeme Pontevedra 20/02/2023 21/02/2024 Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra Descargar PDF
Realización de actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina de Cambados da Rede SmartPeme Pontevedra 21/02/2023 20/02/2024 Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados Descargar PDF
Actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través das oficinas do Porriño da rede SmartPeme 30/11/2022 20/02/2023 Deputación de Pontevedra e Concello do Porriño Descargar PDF
I addenda ao convenio para a realización de actividades de promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina de Cambados da rede Smartpeme Pontevedra 18/10/2022 20/02/2023 Deputación de Pontevedra e o Concello De Cambados Descargar PDF
Addenda ao convenio para a realización de actividades de promoción empresarial SmartPeme 14/09/2022 20/02/2023 Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas Descargar PDF