Prevención de Riscos Laborais
En aplicación da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, de 8 de novembro, a Deputación constitúe en abril de 2002 o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, xa que se trata dunha empresa que conta con máis de 500 traballadores.
- Asesorar e apoiar a empresa en función dos tipos de risco
- Deseñar, implantar e aplicar o plan de prevención de riscos laborais que permita a integración da prevención na empresa
- Avaliar os factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores
- Planificar a actividade preventiva e determinar as prioridades para adoptar as medidas de prevención e vixiar a súa eficacia
- Informar e formar os traballadores
- Prestar os primeiros auxilios e os plans de emerxencia
- Vixiar a saúde dos traballadores en relación cos riscos derivados do traballo
COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos e está integrado polas delegadas e delegados de prevención, dunha parte, e pola ou polo empresario e/ou representantes en número igual ao das e dos delegados de prevención, da outra.
14 membros: 7 designados pola Deputación e 7 delegados de prevención
Sindicato/cargo | Nome e apelidos | Posto de traballo | Servizo/centro |
---|---|---|---|
C. Político | Jesús Vázquez Almuíña | Deputado delegado | Asistencia aos Concellos, Transparencia e Administración Xeral |
C. Político | Javier Tourís Romero | Deputado delegado | Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos e Estación Fitopatolóxica Areeiro |
FUN | M.ª Cruz Farto Justo | Xefa de xestión do Museo Provincial | Museo Provincial |
FUN | Carmen Gómez Manzano | Xefa do Servizo de Arquitectura e Urbanismo | Arquitectura e Urbanismo |
FUN | Concepción López Paz | Xefa do Servizo de Medio Ambiente | Medio Ambiente |
FUN | Belén Pampín Camino | Xefa de sección de Seguridade Viaria | Infraestruturas e Vías Provinciais |
FUN | Antonio Abel Seoane Estévez | Técnico de formación para o emprego | Recursos Humanos e Formación |
CCOO-LAB | Ángela Comesaña Martínez | Coordinadora de publicacións | Museo Provincial |
CCOO-FUN | Basilia Martínez Bernárdez | Oficial cociñeira | Centro Príncipe Felipe |
CCOO-FUN | Roberto Crespo Barreiro | Oficial de infraestruturas e servizos | Infraestruturas e Vías Provinciais |
CCOO-FUN | Jean Pierre Esteban Borragán | Oficial agrícola | Medio Ambiente |
UGT-FUN | Patricia García Martínez | Técnica media de xestión tributaria | ORAL |
UGT-FUN | Ana Neves Gómez | Técnica de ensaios agrícolas | Estación Fitopatolóxica Areeiro |
CIG-FUN | Breogán Pérez Vázquez | Axente catastral | ORAL |
documentos
información
- Pazo provincial
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- riscoslaborais@depo.gal