A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste en Vigo á rodaxe da serie de televisión Marusía
10/04/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves na ETEA de Vigo á rodaxe da serie de televisión Marusía. A ficción, ambientada principalmente na Escola Naval Militar de Marín, está previsto que se emita o próximo ano en Mediaset con produción de Unicorn Content. A vicepresidenta puxo en valor o crecente interese que está a espertar a provincia de Pontevedra como escenario de producións audiovisuais de primeiro nivel, e lembrou neste sentido a liña provincial de patrocinios Rías Baixas Acción, dotada de 105.000 euros.