María Nava Castro Domínguez

Deputada de Turismo

María Nava
Logo partido politico

Biografía

Naceu en Ponteareas o 6 de marzo de 1969.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, conta con diversos Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. UDC, en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña- Fundación Española de Estudos Sociais). Curso de Liderado Público (INAP).

Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia. Desde 1998 e ata 2000 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia).

De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.Entre o 2000 e o 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas. Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas (Pontevedra), onde en 2007 asumiu a concelleria de Economía e Facenda. De 2003 a 2006 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocupou entre 1998 e 2000 e entre 1995 e 1998.Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.

En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata a setembro de 2012. En xaneiro de 2013 foi nomeada directora de Turismo de Galicia. Desde o 19 de xullo de 2023 é nomeada alcaldesa de Ponteareas ata a data.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Xunta de Goberno
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego