
#CULTURA
+Música
Promoción da música galega e en galego
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “+Música” co fin de apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.
A través do catálogo de grupos de “+Música”, poñerase á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes actuacións de grupos e artistas musicais profesionais que nas súas actuacións levan a cabo interpretacións e composicións en lingua e de autoría galegas.
Con este programa, perséguese contribuír ao fomento da nosa cultura e da nosa lingua e promover a reputación da nosa provincia como destino cultural.
- Creación do catálogo de grupos
- Bases (BOPPO 09/11/2022)
- Actualización das bases (BOPPO 02/02/2024)
- Prazo de inclusión, baixa ou modificación de datos no Catálogo de grupos + Música do 15 de novembro ata o 1 de decembro de cada ano natural
- Solicitude de actuacións
- Bases (BOPPO 12/02/2025)
- Solicitude de grupos acollidos, do 20 de febreiro ao 5 de marzo de 2025 en sede.depo.gal
- Actuacións a realizar dende o 15 de abril ó 31 de decembro de 2025
- Catálogo de grupos
- Acordo de aprobación das actuacións (01/04/2025)
- Actuacións autorizadas aos concellos (01/04/2025)