Luisa Sánchez Méndez

Vicepresidenta segunda, deputada de Deportes e Economía e Impulso ao Emprego

Luisa
Logo partido politico

Biografía

Naceu en Badaxoz en 1967. É licenciada en Dereito e letrada asesora de empresa pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE).

Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolveu a súa actividade como auditora na multinacional KPMG e no Hospital Povisa de Vigo, no que foi directora económico-financeira entre 1999 e 2023.

Antes da súa incorporación á Deputación de Pontevedra foi directora de Recursos Humanos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

En 2023 entrou no Concello de Vigo como concelleira do Partido Popular, onde ocupa os cargos de portavoz adxunta e responsable do Grupo municipal do Partido Popular nas áreas de Patrimonio, Urbanismo, Deporte e Emprego, amais de representante do Grupo municipal no Consorcio Casco Vello de Vigo. Tamén é membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Xunta de Goberno
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego