17 MAIO

2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Luisa Villalta Gómez

“Isto é poesia, un ruído provocado.
Non ornamento, arabesco para as pontas dos dedos: inecesários encaixes para a alma dormir ou sentir a levedeza da onda cando apenas chega a romper. Provocación de boca con fame, isto.
E a fame adormece ou reclama.
Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel do mundo: un tambor que desperta.
A pel estremece-se porque recoñece a morte que baila fóra da tumba.
Isto é tamén unha muller que resiste.”

En concreto  (1989)

Luísa Villalta Gómez

(A Coruña, 1957 – 2004)

Foi unha escritora, tradutora e violinista galega. Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Titulada superior en violín, formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela. Foi docente de ensino secundario e practicou diversos xéneros literarios: poesía, ensaio, narrativa e teatro. Destacou pola súa intensa actividade cultural e tamén por unha obra que combina a música e a palabra.

GRANDES ÉXITOS

1991

Música reservada

Música reservada (1991) é unha obra que nace “dunha experiencia musical que busca o lume da palabra para entender o seu corpo”, con poemas que foxen do convencional e interpretan a música interior da autora.

En concreto (2004) é un poemario publicado postumamente, tras recibir o Premio Espiral Maior de Poesía ese mesmo ano, e que obtería tamén o recoñecemento do Premio da Crítica en 2005.

En concreto

2004

Outras obras

Siléncio, ensaiamos (1991), O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), Ruído (1995), As certezas de Ofelia (1999) e Papagaio (2006).

“Se o principio foi a palabra, antes dela foi o son e, despois, o entendimento e transmisión da súa melodía. Eis a Música, que brota como o río da existencia, e a Palabra, que interpreta o seu ritmo como unha danza ritual arredor do lume da intelixencia. Eis a Poesía, palabra melódica.”

Música reservada (1991)