Javier Tourís Romero

Deputado de Acción comunitaria, equipamentos públicos e Estación Fitopatolóxica Areeiro

Javier
Logo partido politico

Biografía

Javier Tourís Romero nace en Vilanova de Arousa no año 1973. Cursa estudos de Dirección e Administración de Empresas na Universidade de Santiago de Compostela con especializacións en Xestión de Empresas, Comercio Internacional e Fondos Europeos.

Con 26 anos comeza a súa actividade política como tenente de alcalde do Concello de Vilanova de Arousa.

Con 29 anos crea a súa primeira empresa, no sector da alimentación, e inicia así a súa traxectoria emprendedora.

Entre os anos 2011 e 2014 abandona a primeira liña da política local para dedicarse integramente ao eido empresarial, expandíndose aos sectores da formación, alimentación, actividades turísticas, comercio exterior e investimentos (empresas nas que continúa como socio fundador).

En 2014 regresa á política local como primeiro tenente de alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, cargo que ocupa na actualidade, así como o de membro da Xunta da Mancomunidade do Salnés.

No ano 2019 asume o cargo de deputado provincial.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente