Encontro Provincial
Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes
“Vivir das letras”
En directo
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, convoca anualmente os Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o esforzo da mocidade, estimular a súa creatividade e recoñecer o seu compromiso coa cultura, as artes, as ciencias e a investigación, entre outras. As solicitudes de participación aumentan cada ano en todas as categorías, pero sobre todo nas de “traballo literario breve” e “fotografía orixinal”, o que denota un especial interese polas iniciativas de creación literaria e artística.
Neste contexto, a Deputación de Pontevedra organiza o próximo mes de outubro un encontro literario e artístico, Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, co lema “vivir das letras”.
Este evento desenvolverase os días 17 e 18 de outubro, na zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, e nel participarán escritoras e escritores de traxectoria consolidada, así como as persoas galardoadas nas sete últimas edicións dos Premios Provinciais á Xuventude, librerías da cidade e da contorna, clubs de lectura, editoriais e persoas afeccionadas á lectura.
Este encontro, único na provincia, é unha grande oportunidade para que as persoas convidadas compartan as súas motivacións, relaten as súas experiencias no mundo literario e dean consellos e recomendacións para que se queira iniciar nesta disciplina, especialmente as mozas e os mozos con vocacións literarias.
Ademais, o encontro completarase con dúas exposicións: unha de fotografía, na que se amosarán as obras gañadoras das últimas sete edicións dos Premios Provinciais á Xuventude, e outra de pintura, que incluirá catro cadros realizados por mozas e mozos da provincia.
Programa do Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, “Vivir das letras”
Zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
- 17 de outubro, de 19 a 21 h
- Condutora da xornada: Susana Pedreira
- Actuación musical de Xacobe Medina (guitarra)
- Apertura por parte do presidente da Deputación, Luis López
- Intervención de Manel Loureiro
- Mesa redonda:
- Rafa Cabeleira
- Arantza Portabales
- Ángela Banzas
- Preguntas e interacción co público asistente
- Ao rematar servirase un petisco na última planta do Edificio Castelao
- 18 de outubro, de 19 a 21 h
- Condutora da xornada: Bibiana Villaverde Rodríguez
- Actuación musical de Andrea García González (piano)
- Benvida por parte do deputado provincial Jorge Cubela
- Lectura do poema Aquí. Hoy. de Borges
- Intervención de Héctor Abad Faciolince: “A guerra e as letras”
- Mesa redonda:
- Sandra Ferreiro García
- Rodrigo Cota
- Alexander Vórtice
- Xulio Teixeira Rodríguez
- Preguntas e interacción co público asistente
- Ao rematar servirase un petisco na última planta do Edificio Castelao
Inscrición
Para inscribirte só tes que enviar unha mensaxe a xuventudereto@depo.es, indicando o número de persoas interesadas en asistir a cada unha das dúas xornadas.