Unida Solidaria

A asociación benéfica Unida Solidaria ten como obxectivo principal combater a exclusión social entre as e os veciños dos barrios do centro da cidade de Vigo. Para iso, a entidade actúa de forma paliativa e preventiva.

Obxectivo

  • Entregar unha bolsa mensual de alimentos non perecedoiros a familias con carencias de Vigo
  • Poñer á disposicións das e dos usuarios un rastro e un roupeiro de forma gratuíta
  • Ofrecerlles ás familias un programa socioeducativo para combater a desvantaxe académica
  • Ofertarlles ás familias un programa de lecer infantil e xuvenil que promova valores sans

Persoas destinatarias

Beneficiarias directas:

  • Familias en risco de exclusión social

Beneficiarias indirectas:

  • Veciñas e veciños dos barrios do centro da cidade
  • Servizos sociais da cidade

Actuacións

  • Entrega de alimentos a 250 familias (repartición mensual dunha bolsa de alimentos non perecedoiros)
  • Roupeiro e rastro (ofrécese roupa de segunda man e outros útiles de forma gratuíta)
  • “Uniteka” (actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos de entre 3 e 18 anos)

Datos de contacto

Rúa de Pi y Margall 25, 36202 Vigo