TDAH Salnés
- Vilagarcía de Arousa
- 658 238 472
- tdahsalnes@gmail.com
- www.tdahsalnes.es
TDAH Salnés é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais, pais e familiares de nenas e nenos con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), así como por persoas adultas afectadas por este e outros trastornos asociados.
Obxectivo
O obxectivo desta asociación é prestarlles atención especializada ás persoas que padecen TDAH, ademais de proporcionarlles as terapias, os apoios, a formación e a información que precisen.
Tamén pretende darlles visibilidade a este trastorno e ás súas comorbilidades, e defender os dereitos das persoas con TDAH para así facilitar a súa integración na sociedade en atención á diversidade.
Actuacións
- Intervención
- Detección e diagnóstico clínico
- Intervención individual, grupal e familiar
- Intervención psicopedagóxica
- Orientación familiar
- Formación e escolas de familias
- Obradoiros de comunicación e linguaxe
- Dinámicas de estudo e atención ás dificultades de aprendizaxe
- Escola de adolescentes
- Obradoiros infantís de apoio á intervención psicopedagóxica
- Sensibilización
- Xornadas anuais Alza a túa Voz contra o Acoso Escolar e o Bullying e Ti Tamén Formas Parte do TDAH
- Charlas e conferencias sobre TDAH e acoso escolar para entidades públicas e privadas
- Visibilidade do trastorno
Datos de contacto
Pavillón Castelao, 1.ª planta, 36600 Vilagarcía de Arousa