Special Olympics Galicia
- Santiago de Compostela
- 981 519 815 - Fax: 981 519 816
- administracion@specialolympicsgalicia.org
- www.specialolympicsgalicia.org
É unha asociación de nais, pais, profesionais e amizades de persoas con discapacidade intelectual.
Obxecto da entidade
- Fomentar actividades de ocio, deporte e cultura, con obxectivos rehabilitadores e terapéuticos para nenas e nenos, mocidade e persoas adultas con discapacidade intelectual.
- Atender e promover as persoas con discapacidade intelectual de Galicia e as súas familias.
- Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e proporcionarlles os apoios necesarios.
- Realizar actividades físicas e deportivas co obxectivo de mellorar o estado metabólico xeral, corrixir o déficit do aparato locomotor, superar a lentitude na resposta motriz, asegurar as condicións físicas encamiñadas á competición para aumentar a autoestima e reforzar os reflexos provocados polo exercicio, rehabilitar as secuelas de hábitos mecánicos inadecuados, e promover as relacións entre as e os atletas para facilitarlles a súa inclusión social e o seu desenvolvemento autónomo na vida social.
- Organizar todo tipo de actividades que teñan como finalidade ocupar as horas de ocio, deporte e tempo libre das persoas con discapacidade intelectual, das nenas e nenos, da mocidade e das persoas adultas.
- Realizar actividades encamiñadas ao desenvolvemento da cultura, do ocio e do deporte para nenas e nenos, mocidade e persoas adultas.
- Colaborar con outras entidades con obxectivos idénticos ou similares.
- Impulsar iniciativas que estean ao servizo da inclusión social e que favorezan o desenvolvemento individual da persoa con discapacidade intelectual.
- Organizar vacacións e actividades de nenas e nenos, mozas e mozos, e persoas adultas con discapacidade intelectual e das súas familias.
- Promover o deporte de competición naqueles casos que se requira.
- Colaborar coas federacións deportivas na promoción do deporte para persoas con discapacidade intelectual.
- Cooperar coa administración deportiva en plans e programas que promovan o deporte entre as persoas con discapacidade intelectual.
- Colaborar coas administracións na organización das competicións a nivel internacional, nacional, autonómico e local.
- Adaptar as normas técnicas nas disciplinas deportivas que leve a cabo Special Olympics Galicia.
- Formar as persoas con discapacidade intelectual, persoas voluntarias, familias, persoal técnico, de apoio, de arbitraxe da filosofía, adestradoras e adestradores, e xuízas e xuíces.
- Adaptar as normas e calquera tipo de formación que axuden a mellorar as condicións físicas e sociais das persoas con esta discapacidade.
- Fomentar a participación en actividades do deporte, ocio e cultura das persoas con discapacidade intelectual.
- Promover oportunidades, apoios, accións e servizos para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.
- Potenciar a inclusión e normalización das mulleres, especialmente con discapacidade intelectual.
- Promover accións de mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual mediante a estimulación, rehabilitación, educación e actividades de ocio e inclusión.
- Promover actividades de ocio e deporte para persoas con discapacidade intelectual en risco de exclusión e vulnerabilidade social.
- Apoiar as mulleres e facilitarlles a súa inclusión a través das actividades que realice a entidade.
- Fomentar actividades culturais coa finalidade de difundir as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
- Incentivar e realizar actividades de difusión e promoción do Camiño de Santiago, como vehículo para favorecer a actividade física e divulgar a cultura galega entre as persoas con discapacidade intelectual, persoas voluntarias, familias, profesionais etc.
- Fomentar o voluntariado.
- Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas seguindo a filosofía de Special Olympics para persoas con discapacidade intelectual, especialmente as que impulsen o deporte base.
- Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativas, de ocio e tempo libre orientadas a persoas con discapacidade intelectual.
- Poñer en marcha iniciativas que procuren a inclusión social e a igualdade de oportunidades no uso dos recursos comunitarios de ocio e tempo libre.
- Coñecer as preferencias e expectativas persoais e desenvolver programas individualizados de ocio.
- Favorecer as relacións interpersoais e a incorporación de persoas non vinculadas á asociación nos plans persoais de apoio das persoas con discapacidade intelectual.
- Desenvolver competencias persoais orientadas ao uso da comunidade e ao gozo de oportunidades persoais.
- Garantir o respecto e o exercicio dos dereitos individuais nos contextos comunitarios.
- Coordinar as actividades con Special Olympics España e Plena Inclusión para asegurar unha resposta integral ás necesidades e expectativas das persoas con discapacidade intelectual.
- Desenvolver actividades de ocio e deportes para persoas con discapacidade intelectual para que as familias teñan un apoio pola sobrecarga familiar.
- Promover as capacidades e a competencia das persoas con discapacidade intelectual por medio de actividades de sensibilización, promoción, difusión e publicacións de carteis e boletíns.
- Procurar a promoción e o desenvolvemento persoal e social da muller con discapacidade intelectual; loitar pola igualdade de oportunidades en todos os ámbitos da vida política, económica, cultural e social; e atender as mulleres en situación de vulnerabilidade, mediante accións de sensibilización, formación, prevención e intervención fronte a situacións de violencia de xénero contra estas mulleres, aliñadas coas políticas internas da federación para acadar este obxectivo.
- Fomentar a participación ou realización de programas e actividades dirixidas a mozas e mozos con discapacidade intelectual.
- Desenvolver programas e actividades dirixidos especificamente a calquera outro grupo de persoas con discapacidade intelectual en risco de exclusión social e promover a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da vida.
- Desenvolver e participar en programas e actividades relacionados co fomento e coa participación do voluntariado social.
- Apoiar calquera outro tipo de actividades relacionadas coas persoas con discapacidade intelectual.
Persoas destinatarias
Vai dirixida a persoas con discapacidade intelectual para a súa inclusión social a través do deporte, da cultura e do voluntariado.
Actividades
- Ofrécenselles distintas actividades como
- Deporte autonómico
- Participación en eventos e programas nacionais e internacionais
- Actividades de lecer
- Actividades culturais
- Actividades para as familias
- Actividades para a promoción do voluntariado
Datos de contacto
- RUEPSS: E-1358
- Enderezo
- Sede: vía Pasteur, 53 B, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela
- Delegación: rúa da Oliva, 12, 36202 Vigo
- Horario de atención
- De luns a xoves, de 8 a 16 horas
- Venres, de 8 a 15 horas