REDMADRE Pontevedra
- Pontevedra e Vigo
- 986 192 432 e 659 772 373
- pontevedra@redmadre.es
- www.redmadre.es/galicia
Obxecto
REDMADRE Pontevedra é unha asociación creada en 2008 sen ánimo de lucro e de utilidade pública que lles proporciona apoio ás mulleres xestantes e nais recentes en calquera situación de vulnerabilidade co fin de facilitar a cobertura das súas necesidades básicas e a das súas fillas e fillos, promover a autonomía persoal e facer efectiva a igualdade de oportunidades.
Persoas destinatarias
A entidade está dirixida a mulleres xestantes e nais recentes, con fillas e fillos menores de tres anos, en risco de exclusión social ou en calquera situación de vulnerabilidade: rexeitamento familiar, perda de emprego, falla de recursos económicos, minoría de idade, discapacidade dela ou da súa descendencia, vítimas de violencia ou do tráfico de mulleres etc., e que residan na provincia da Pontevedra.
Actuacións
- Programa “Nais e fill@s” é un proxecto de atención psicosocial integral que ofrece información de recursos dispoñibles e asesoramento profesional legal, psicolóxico, de orientación laboral e procura de emprego e, no subprograma “Agarimo”, mediación familiar, acompañamento, formación no coidado e atención das e dos fillos, co obxectivo de que a nai acade a autonomía persoal.
- Programa “Anxela”, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, proporciónalles apoio material de emerxencia ás familias para cubrir as necesidades básicas de alimentación, hixiene, roupa, útiles e coidado materno‐infantil.
Ambos os programas comparten o obxectivo da asociación: que ningunha muller se sinta soa na súa maternidade e poida contar cos apoios e coas axudas que precise.
Datos de contacto
- Sede de Pontevedra: rúa Benito Corbal 45, 3.º, oficina 2 (portal lateral na rúa Javier Puig), 36001 Pontevedra
- Sede de Vigo: rúa Alexandre Bóveda 10, baixo F, 36210 Vigo