Instituto Gallego de TDAH y Trastornos Asociados
Fundación INGADA
- A Coruña
- 722 521 381
- info@fundacioningada.net
- www.fundacioningada.net
Obxectivo
O Instituto Gallego de TDAH y Trastornos Asociados (Fundación INGADA) naceu en 2014 en Galicia coa finalidade de prestarlles unha asistencia integral ás persoas afectadas polo trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e outros asociados, coma os do neurodesenvolvemento, os afectivos ou do comportamento, dada a elevada prevalencia destas patoloxías na sociedade e a falta de servizos existentes a nivel clínico, educativo, social, familiar ou laboral. Esta fundación aplica os criterios de equidade e accesibilidade nos seus servizos, e toma as medidas necesarias para que ningunha persoa afectada poida deixar de beneficiarse por razóns xeográficas, económicas ou sociais.
Actuacións
- Asistencia integral no TDAH
- Asistencia médica e psicolóxica para as persoas afectadas
- Asistencia psicolóxica para as familias
- Orientación laboral e académica
- Conexión entre recursos dispoñibles na comunidade (públicos e privados)
- Referente nacional e internacional grazas á:
- Investigación e transferencia de coñecemento
- Actualización de servizos e xestión
- Fundación en medicina baseada na evidencia
- Docencia: formación para todos os colectivos e persoas que, directa ou indirectamente, estean relacionadas co TDAH ou cos trastornos asociados, tanto no ámbito do profesional coma no persoal (pediatras, médicas e médicos de familia, docentes, xuízas e xuíces, policías, gardas civís, xornalistas, pedagogas e pedagogos, universitarias e universitarios...)
- Difusión:
- Presentación de estudos en reunións e comités científicos nacionais e internacionais
- Desenvolvemento de contidos formativos e informativos arredor do TDAH
- Responsabilidade social:
- Fortalecemento do voluntariado
- Asistencia en situacións de crise, exclusión social…
Poboación destinataria
Todas aquelas persoas con algún trastorno por déficit de atención e hiperactividade ou en proceso de valoración, de todas as idades (nenas, nenos, adolescentes e persoas adultas).
Datos de contacto
Rúa Federico García 2, baixo (edificio SARquavitae), 15009 Matogrande (A Coruña)