Igaxes

Igaxes

O futuro de miles de nenas, nenos e adolescentes galegos está en perigo; cada día padecen as consecuencias da falta de recursos, da soidade ou da violencia.

Igaxes unha entidade formada por un grupo de persoas apaixonadas que aspiran a unha sociedade na que ningunha nin ningún deles se vexa privado de futuro polo feito de nacer en desvantaxe. Actúa cada día para que se cumpra o seu dereito a perseguir as súas propias metas. Cre nelas e neles e no seu potencial, e está ao seu carón ata que xa poidan voar sen axuda.

Nesta organización sábese que a exclusión social é un ciclo que se transmite dunha xeración a outra. Para que a roda deixe de xirar é preciso que cada nena e cada neno poida contar cunha rede de apoio desde a infancia ata a idade adulta.

Persoas destinatarias

En Igaxes existe un compromiso coa infancia, coa xuventude máis vulnerable e coas súas familias.

Máis de 25.000 mozas e mozos recibiron o noso apoio desde 2021. Máis de 80.000 nenas, nenos, mozas e mozos necesitan axuda en Galicia.

Actuacións

Igaxes vela polo dereito a medrar nun clima seguro e protector, e defende con respostas concretas o seu dereito a un futuro.

  • Miles de escolares en Galicia sofren problemas que ninguén ve. Esta entidade está xunto a elas e eles e xunto ás súas familias para que poidan crecer seguros e acompañados a través do programa “Escola de vida”.
  • A mocidade tutelada está obrigada a emanciparse a partir dos 18 anos. A través do programa “Mentor” dáselles vivenda, protección e todo o apoio necesario para que as mozas e mozos desenvolvan o seu potencial. No seu camiño cara á vida adulta, camiña con elas e eles.

Datos de contacto

Rúa do Valiño 63-65, 15707 Santiago de Compostela