Fundación para a Promoción de Persoas con Diversidade Funcional, particularmente Trastorno do Espectro Autista

FUNDITEA
Fundación para a Promoción de Persoas con Diversidade Funcional, particularmente Trastorno do Espectro Autista

A Fundación para a Promoción de Persoas con Diversidade Funcional, particularmente Trastorno do Espectro Autista (FUNDITEA) é unha entidade de iniciativa social que naceu en 2007 da inquietude dun grupo de familias de persoas con trastornos do espectro autista (TEA)  preocupadas polo benestar das súas fillas e fillos e polo seu futuro. Ademais de realizar actividades de apoio e asesoramento para persoas con discapacidade e as súas familias, a fundación está orientada a desenvolver todas aquelas actividades e servizos necesarios para cubrir as necesidades detectadas neste colectivo, e fai tamén un labor proactivo na defensa dos seus dereitos.

Obxecto e persoas destinatarias

A misión de FUNDITEA é velar polo benestar das persoas con diversidade funcional, con especial énfase no autismo, polo que ofrece apoio e asesoramento e facilita servizos e actividades que cobren todas as etapas da vida.

Actuacións

  • Asesoramento e apoio para familias de persoas afectadas por TEA
  • Orientación e diagnóstico
  • Difusión dunha imaxe positiva e inclusiva dos TEA
  • Colaboración con outras entidades do sector para o desenvolvemento de servizos de atención a persoas con autismo: centro de día, servizos residenciais, ocio e tempo libre.

Datos de contacto

Avenida Hispanidade 33, 36203 Vigo