Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo
FRIAT
- Lalín, Vigo e O Porriño
- 986 265 712
- dcarneiro@friat.es
- www.fundacionrenal.com
A Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á atención integral das persoas con enfermidade renal, que aborda non só os aspectos clínicos, senón todos aqueles persoais e sociais que contribúen a unha mellor evolución da enfermidade. Conta con dezaoito centros nas comunidades de Madrid, Galicia e Castela e León; moitos deles situados en pequenas localidades para achegarlles o tratamento e a atención ás e aos pacientes.
Na provincia de Pontevedra FRIAT conta con tres centros:
Actuacións
Como entidade de iniciativa social, os servizos que FRIAT lles ofrece na provincia de Pontevedra ás persoas vulnerables con enfermidade renal en tratamento de diálise son:
- Asistencia psicolóxica
- Apoio social
- Programas de exercicio intradiálise
- Asesoramento nutricional
- Formación
- Inserción laboral
- Fondo social de axuda
- Pisos de acollida
- Obradoiros de desenvolvemento persoal e de estimulación cognitiva
- Obradoiros de cociña
- Actividades de lecer e tempo libre
Datos de contacto
- Centro Os Carballos I. Avenida de Ramón Nieto 126, baixo interior, 36205 Vigo. Teléfono: 986 265 712. Correo electrónico: dcarneiro@friat.es
- Centro Os Carballos II. Avenida de Galicia 14, local, 36400 O Porriño. Teléfono: 986 090 008. Correo electrónico: mburgos@friat.es
- Centro Teixedal. Rúa da Ponte 93, 36500 Lalín. Teléfono: 986 090 170. Correo electrónico: cotero.moral@friat.es