Fundación Lar Pro Salud Mental

Fundación Lar Pro Salud Mental

Obxecto da entidade

O seu fin primordial é promover a rehabilitación e a integración social das persoas con trastorno mental grave e persistente (TMGP); promover e fomentar actividades dirixidas á integración e a paliar as deficiencias das persoas con TMGP; así como desenvolver programas residenciais (pisos protexidos, mini residencias e outras estruturas intermedias) que potencien actividades de terapia ocupacional e formación. Así mesmo, ten como finalidade rehabilitar socialmente a menores con trastorno de conduta a través de técnicas psicolóxicas, educativas e tratamento psiquiátrico, procurando a reinserción sociofamiliar e educativa e laboral das e dos menores.

Persoas destinatarias

Persoas que padecen TMGP e as súas familias.

Actividades/Servizos

  • Programas na mini residencia de persoas adultas
    • Conciencia e coñecemento da enfermidade
    • Rehabilitación de capacidades cognitivas
    • Adestramento de habilidades sociais
    • Cognición social
    • Autocontrol emocional
    • Manexo de conflitos e resolución de problemas
    • Integración comunitaria
    • Habilidades da vida diaria
  • Programas nos pisos protexidos
    • Psicoeducación: conciencia e coñecemento da enfermidade
    • Rehabilitación de capacidades cognitivas
    • Mellora de habilidades sociais
    • Autocontrol emocional
    • Integración comunitaria
    • Habilidades da vida diaria
  • Centro terapéutico de menores Chavea
    • Educación en valores
    • Igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero
    • Aprendizaxe e apoio escolar
    • Tecnoloxías da información, a súa comunicación e o seu uso seguro e responsable
    • Educación medioambiental
    • Ocio
    • Promoción da conduta psicosocial e altruísta
    • Habilidades da vida diaria
    • Competencia social, adestramento en solucións de problemas e habilidades sociais
    • Intervención familiar
    • Desenvolvemento da intelixencia emocional
    • Promoción do uso de técnicas de autocontrol
    • Prevención do malestar e da violencia
    • Atención a menores maltratadoras e maltratadores
    • Intervención en violencia filioparental ascendente
    • Educación para a saúde
    • Prevención do consumo de drogas e condutas aditivas
    • Educación afectivo-sexual
    • Motivación, formación e orientación para a inserción laboral
    • Preparación para a vida independente
  • Outros programas
    • Calidade de vida no domicilio: procurar favorecer a permanencia das persoas con trastorno mental na súa contorna habitual e promover a autonomía e a calidade de vida
    • Programa “VIDA-S: Vixiantes de axuda en seguimento. Prevención da conduta suicida en menores do sistema de protección”: formar profesionais de centros de protección de Galicia para previr e detectar condutas autolíticas das e dos menores mediante o seguimento e a supervisión
    • Apoio á inclusión sociolaboral e TIC: executar un plan de apoio á inclusión sociolaboral destinado a mellorar a empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica mediante itinerarios de inclusión básica, con formación en competencias clave e alfabetización dixital
    • Programa de orientación laboral: levar a cabo accións de información, orientación, motivación e acompañamento na procura de emprego a persoas con TMGP, así como realizar accións de prospección laboral en empresas públicas da contorna
    • Proxecto “Fórmate como voluntaria ou voluntario en saúde mental”: a fomentar a participación de persoas voluntarias en actividades sociais, culturais ou deportivas para establecer unha rede de apoio social, reducir o estigma e favorecer a integración social de persoas con TMG

Datos de contacto

  • RUEPSS: E-1077
  • Enderezo
    • Vilagarcía de Arousa: Rúa Muíño Novo 3, A Laxe, Vilagarcía de Arousa
  • Horario de atención
    • Atención permanente as 24 horas do día