Fundación JuanSoñador

Visión

  • Voz:
    • común, pública, recoñecida
    • de sensibilización e denuncia
    • de incidencia social e participación activa
    • de transformación social e defensa dos dereitos de todas as persoas
  • Alternativa:
    • socioeducativa con calidade diferencial
    • fiel ao sistema preventivo
    • acollida incondicional, atención individualizada, ambiente de familia
  • Resposta:
    • eficiente e integral
    • adaptada ás necesidades das persoas
    • innovadora
  • Comunidade:
    • identificada e comprometida
    • reflexiva, activa e corresponsable.
    • integradora, estable, formada e competente
  • Valores
    • Dereitos humanos e da infancia
    • Participación cidadá, voluntariado social e traballo en rede
    • Opción polas persoas en situación de vulnerabilidade
    • Identidade cristiá e salesiana: acollida, familiaridade, alegría e confianza
    • Transparencia, coherencia e responsabilidade social
  • Que facemos?
    • Apoio escolar
    • Actividades de ocio infantil, xuvenil e en familia
    • Espazos de encontro e participación
    • Obradoiros temáticos educativos
    • Atención familiar: orientación, asesoramento
    • Actividades específicas de igualdade de xénero
    • Orientación laboral, social e xurídica
    • Formación para a inclusión e capacitación laboral
    • Intermediación con empresas
    • Sensibilización social

Como podes colaborar?

  • Se es unha persoa particular
    • Participando como voluntaria para apoio escolar e en actividades de formación, ocio e acompañamento social
    • Colaborando en entidades de sensibilización social
    • Facéndote socia
    • Realizando un donativo
  • Se es unha empresa
    • Xestionando as túas ofertas a través dos proxectos de emprego
    • Acollendo alumnado en prácticas
    • Mellorando a empregabilidade de colectivos en risco de exclusión social
    • Fomentando unha responsabilidade social corporativa sensibilizada e comprometida cunha sociedade máis xusta e igualitaria

Obxecto e persoas destinatarias

A misión principal é a promoción integral e o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos, das e dos adolescentes, da mocidade, das familias e das persoas en situación de maior vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

Para lograr a plena inclusión social destas persoas cómpre ter en conta a igualdade e tamén a educación, a cultura, a vivenda, o traballo e o recoñecemento da dignidade humana.

Proposta educativa integral:

  • Fogares e casas de acollida: prevención, educación e protección social, formación para a inclusión
  • Centros educativos: cualificación e capacitación profesional
  • Programas e proxectos sociais: inserción sociolaboral
  • Programas de promoción de voluntariado social e participación da cidadanía, cooperación ao desenvolvemento, incidencia e sensibilización social
  • Servizos de atención específica: emancipación

Actuacións

  • Atención integral á infancia, mocidade e familia
    • Lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social da infancia, adolescencia e mocidade en situación de vulnerabilidade, ofrecendo apoio, estimulando e potenciando o desenvolvemento persoal e social, a adquisición de aprendizaxes básicas e lúdicas que compensen as desvantaxes socioeducativas e as situacións familiares.
  • Formación e inserción laboral da mocidade e das persoas adultas
    • Lograr a inserción laboral sostible de persoas que están en busca activa de emprego e favorecer a autonomía persoal.
  • Inclusión social de persoas migrantes
    • Ofrecer unha atención integral a persoas migrantes, tratando de favorecer a súa plena inserción sociolaboral para mellorar a súa calidade de vida, velando pola efectividade dos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida e sensibilizando a cidadanía nun modelo de interculturalidade.

Datos de contacto

  • Atención integral á infancia, xuventude e familia
    • Enderezo: Rúa Elio Antonio de Nebrija 3, baixo, 36208 Vigo
    • Teléfono: 677 166 940
  • Formación e inserción laboral da xuventude e persoas adultas
    • Enderezo: Rúa Elio Antonio de Nebrija 3, baixo, 36208 Vigo
    • Teléfono: 677 875 405
  • Inclusión social de persoas migrantes
    • Enderezo: Rúa Pilar 6, baixo, 36203 Vigo
    • Teléfono: 677 875 405