Fundación Isidre Esteve

Misión

A misión da Fundación Isidre Esteve é fomentar a autonomía persoal e a mellora da saúde e da calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente daquelas con discapacidade física e dificultades de mobilidade, mediante a actividade deportiva como medio de transmisión do espírito de superación e motivación e de mellora da condición física.

Actuacións

  • Servizos para e coas persoas. Centros de promoción da autonomía persoal e da mellora da condición física, da saúde e da calidade de vida das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade, con sesións presenciais e virtuais.
  • Formación especializada de profesionais nos ámbitos da actividade física ou fisioterapia para que poidan atender as necesidades das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade nos centros ordinarios de actividade física e deporte da comunidade.
  • Participación en e coa comunidade. Xornadas de deporte inclusivo accesible e actividades de sensibilización e concienciación sobre a inclusión social de todas as persoas independentemente das súas capacidades.
  • Investigación, innovación e coñecemento para crear recursos e servizos que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade.

Datos de contacto

Estrada do Vao (campo de fútbol do Coruxo F.C.), 36331 Coruxo (Vigo)