Fundación Formavigo
- Vigo
- 986 289 657
- info@fundacionformavigo.com
- fundacionformavigo.com/
Obxecto e persoas destinatarias
A Fundación Formavigo é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu para desenvolver iniciativas de inserción laboral, en cooperación coa Administración pública e coa empresa privada, para darlles apoio ás necesidades das e dos demandantes de emprego que se atopan en especial dificultade.
Tece redes e realiza proxectos sociais que poidan contribuír a unha sociedade máis forte, cohesionada e solidaria, con especial interese na calidade de vida das persoas maiores e da mocidade.
Actuacións
Área de Orientación Laboral
- Facilita apoio, reorientación e reinserción laboral a través do asesoramento e do desenvolvemento de competencias.
- Promove o desenvolvemento de habilidades para a procura de emprego a través de obradoiros grupais de competencias sociais.
- Orienta sobre as accións formativas, encamiñadas á toma de decisións para o futuro profesional.
- Oferta un servizo de intermediación laboral que proporciona candidaturas acordes cos perfís tramitados.
Área de Formación: el programa “Formaemprega”
Realiza cursos formativos que buscan formar en profesións ou traballos que poidan inserir laboralmente as persoas. Estas formacións van acompañadas de prácticas nas empresas que faciliten a súa posterior inserción laboral.
Área de Igualdade
Desenvolve liñas específicas destinadas á formación e á inserción sociolaboral das mulleres e o seu acceso a sectores masculinizados, e á sensibilización, así como accións pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Área de Inclusión Social
Promove proxectos e o traballo en rede que favorezan a inclusión social dos distintos colectivos pensando na realidade de Galicia, a cal é principalmente rural e conta cunha poboación altamente envellecida.
Datos de contacto
Avenida Beiramar 171, 36208 Vigo