Fundación Amigos de Galicia
- Pontevedra e Vilagarcía de Arousa
- 610 475 431
- comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org
- www.amigosdegalicia.org
A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen fins lucrativos, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais.
O seu principal ámbito de actuación é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto e persoas destinatarias
A misión da fundación é atender as persoas en situación ou risco de exclusión social a través de diferentes programas integrais desenvolvidos por profesionais co obxectivo de acadar a inclusión social e laboral das persoas.
Actuacións
- Servizo de Orientación Laboral: realízanse accións encamiñadas á inserción laboral e á formación de persoas en idade laboral en Galicia, e dáselles especial importancia ás persoas en situación ou risco de exclusión social que precisen acompañamento na procura de emprego.
- Plan integral de loita contra a pobreza e a exclusión social: ten como principal obxectivo garantir a cobertura das necesidades básicas e o estado de benestar dos colectivos en situación de vulnerabilidade.
- Programas específicos para mulleres en situación de vulnerabilidade ou vítimas violencia de xénero: a través dos diferentes programas que a entidade leva a cabo proporciónase asesoramento social, psicolóxico, xurídico ou laboral para tentar mellorar a situación persoal, social ou laboral destas mulleres.
- Atención psicolóxica: o obxectivo do Servizo de Psicoloxía é acadar o benestar emocional das usuarios e dos usuarios a través de valoracións psicolóxicas co fin de detectar e identificar os principais focos de malestar e factores de risco.
- Programas de igualdade: promoción da igualdade entre mulleres e homes, e prevención e loita conta a violencia de xénero.
- “Mellor acompañad@”: programa de atención ás persoas maiores de 65 anos, con especial atención a aquelas que viven soas.
- “Dixitalízate con nós”: cobertura de liña de internet, material informático e educación virtual para as e os menores en situación de risco ou exclusión social de Galicia.
- Voluntariado: sensibilización, captación e formación de persoas voluntarias.
Datos de contacto
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Benito Corbal, 36001 Pontevedra
Avenida de Matosinhos 2, 36600 Vilagarcía de Arousa