Fundación Aldaba
- Vigo
- 986 229 118
- delegacion.galicia@aldaba.ong
- www.aldaba.ong/fundacion-aldaba/
A Fundación Aldaba é unha entidade privada de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e independente que se creou en 1999 co propósito de contribuír á mellora social e ao desenvolvemento das persoas máis vulnerables. No 2000 iniciou a súa traxectoria en Galicia e a súa delegación sitúase en Vigo.
Fins
- Dar visibilidade e sensibilizar sobre os dereitos e a realidade dos colectivos cos que traballa a entidade, así como denunciar situacións nas que se vulnere os seus dereitos.
- Atender persoas menores de idade.
- Protexer persoas cuxa capacidade de obrar foi modificada mediante unha sentenza xudicial.
- Promover a integración sociolaboral, a capacitación e a vida independente das persoas con algunha discapacidade e daquelas en risco de exclusión social.
- Protexer e atender persoas maiores en xeral para mellorar a súa calidade de vida a través dunha atención individualizada.
- Defender os dereitos humanos de colectivos vulnerables ou dependentes en xeral e fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Misión
Promover servizos en defensa e apoio das persoas con autonomía limitada e, particularmente te, aqueles dirixidos á asunción xudicial de cargos tutela res ou ao apoio de quen os asume, á protección da infancia en risco ou desamparo e á promoción social das persoas con diversidade funcional.
Valores: solidariedade, compromiso, transparencia e integridade.
Actuacións
Diversidade funcional: a Fundación Aldaba desenvolve en Pontevedra e Ourense o programa “Ao seu lado”, cuxo obxectivo é a atención integral de persoas adultas con diversidade funcional, en situación de soidade e risco social, a través da atención en proximidade, do acompañamento social e do apoio en todas as áreas da vida nas que o precisen. Desenvólvense os proxectos “Contigo” ou “Activámonos”.
Protección á infancia e á xuventude: lévase a cabo a través dos recursos residenciais onde se lles ofrecen un medio estable de convivencia e un desenvolvemento integral a estas persoas, mentres se resolve a súa situación familiar ou ben se lles proporciona unha al ternativa a esta. Xestionan estas actuacións a casa familia de Aldaba de Vilagarcía de Arousa e a minirresidencia O Seixo de Vigo. Desenvólvense os proxectos “Vínculo +” e “Seixo 3.0”.
Violencia de xénero: “Programa de intervención de apoio familiar e social”, que está dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero e que atende persoas usuarias da rede municipal de vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero, co obxectivo principal de ofrecer axuda e apoio no ámbito da educación familiar e social para contribuír, así, ao desenvolvemento de ferramentas e ao acceso aos recursos necesarios que lles faciliten ás vítimas levar unha vida independente e autónoma e afastarse do contexto de violencia.
Voluntariado: o programa “Botando a man”ofrécelle formación e apoio ao persoal voluntario que axuda no desenvolvemento de todos os programas que se realizan na entidade.
Datos de contacto
Rúa Carlos Oroza Poeta 2, 2.º, oficina 10, 36202 Vigo