Down Vigo

Obxectivo e persoas destinatarias

A finalidade de Down Vigo é mellorar a calidade e as condicións de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e lograr as máis altas cotas posibles de vida autónoma e independente.

A asociación organízase en áreas de actuación, que xestionan os programas de cada servizo do Centro de Promoción da Autonomía Persoal, co que se contribúe a desenvolver as accións e medidas necesarias para potenciar a participación plena e activa destas persoas na sociedade e así garantir a igualdade de oportunidade e trato. Tamén se proporcionan os recursos e os apoios precisos para facer efectiva esa participación e igualdade plenas; estas accións e medidas están estruturadas nunha serie de programas de actuacións específicas, orientadas a satisfacer as diversas demandas.

Na actualidade reciben servizos en Down Vigo 216 persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Actuacións

  • Acollida de usuarias e usuarios
    • Valoración, seguimento e orientación
    • Información, orientación e formación a familiares
  • Área psicolóxica
  • Área de atención temperá
  • Área de educación; área de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional; área de habilitación psicosocial:
    • Promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional
    • Habilitación psicosocial
  • Área de emprego e formación
    • Área de apoio para o desenvolvemento profesional e social; área de emprego e formación:
      • Itinerario de formación básica e polivalente para o emprego
      • Itinerario de apoio ao desenvolvemento individual
    • Área de emprego con apoio
  • Área de integración social
    • Área de ocio e tempo libre e de habilitación psicosocial: apoio á vida independente
  • Centro E153C1. Vivenda Aragón
  • Centro E153C2. Vivenda Anduriña
    • Habilitación psicosocial
  • Área de programas transversais
  • Área envellecemento activo

Datos de contacto

Rúa Portela 48, baixo, 36214 Vigo