DOWN GALICIA

DOWN GALICIA

A Federación Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa sete entidades específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. Creouse a principios de 1998 para canalizar as demandas do colectivo de persoas con esta síndrome.

Entre as súas funcións están coordinar, colaborar e propoñer programas de actividades ante institucións públicas e privadas para a súa posta en práctica a través das súas entidades.

Obxecto e persoas destinatarias

A súa misión é coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades que agrupa e mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e a das familias, a través da inclusión social e do uso dos recursos ordinarios da comunidade, segundo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

Está composta por 759 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e as súas familias.

Actuacións

A Federación Down Galicia préstalles un servizo de promoción da autonomía a persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
Dado que este servizo abrangue todo o período evolutivo das persoas, organízase por programas segundo as necesidades específicas en cada etapa, pero tendo en conta que a persoa é un todo integral. Deste xeito, divide os seus servizos en seis áreas de traballo correspondentes ás distintas etapas da vida: atención temperá, inclusión educativa, formación e emprego, vida adulta e independente, área transversal e área complementaria.

Datos de contacto

Sede social en Santiago de Compostela

Rúa Alejandro Novo González 1, 15706 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 581 167

Correo electrónico: downgalicia@downgalicia.org